Invitatis xorde no 2020 para actualizar os métodos tradicionais e modernizalos nun mundo onde internet é o eixo principal.
Unha idea que non só pretende mellorar a organización da túa voda, senón tamén reducir o uso de tintas e papel, buscando un mundo sostible.
Sabemos que o teu tempo é importante e, se estás a planificar a túa voda, en Invitatis atoparás as ferramentas e o contido que che farán a preparación máis sinxela.
Ten o control de todos os detalles dese día tan especial e atopa os mellores profesionais da túa zona. Un directorio cheo de especialistas para ofrecer todo o que poidas precisar, desde fotografía ata vestidos, pasando por fincas de eventos e servizo musical.
Non quedes sen nada; é un día moi especial!
Moitas parellas satisfeitas
Moitas parellas xa utilizaron Invitatis.com para ofrecer aos seus invitados toda a información ¡E están felices!
Paga só se che gusta
Cread a vosa web de voda de balde e observade o resultado. Sen compromiso ningún nin tarxeta de crédito.
Sinxelo e intuitivo
As invitacións non deberían ser causa de preocupación. Cread a vosa web de voda e enviádea a quen queirades.
Mellora constante
Día a día esforzámonos por mellorar os nosos servizos, ampliando funcionalidades, engadindo novos deseños e resolvendo todas as dúbidas dos nosos clientes, o piar fundamental sen o que Invitatis non tería sentido.
Queremos que todo sexa o máis doado posible e estaremos encantados de axudarvos coas vosas dúbidas e suxestións.
Envíanos as túas consultas e suxestións a contacto@invitatis.com
Redución da pegada ecolóxica
Un dos obxectivos fundamentais de Invitatis é reducir a pegada ecolóxica.
Só en España hai arredor de 180.000 vodas anuais, con polo menos 100 invitados
Isto tradúcese en 18.000.000 invitacións impresas con tinta e enerxía eléctrica que só se van usar unha vez.
En Invitatis traballamos arreo para ofrecer unha ferramenta doada de usar e que deixe a menor pegada posible, centrada en tres iniciativas:
- Reducir a corta de árbores
- Reducir o consumo eléctrico
- Reducir emisións do transporte postal tradicional
Obtén a túa web de voda ao instante
Moitos usuarios xa gozan da súa propia páxina web de voda personalizada ¿A que esperas para ter a túa?